“¿Coñocedes, meus amigos, a sintomatoloxía dos imbéciles? Unha das características dos imbéciles é a súa facultade de reprodución, pero non teñen a de producir por sí mesmos. Ven esto a conto de que na nosa raza hai unha chea deses pobres homes. Teñen os pensamentos catalogados, como si foran frascos dunha botica. Viñéronlles de fora, de Castela e de Madrid, e non saben pensar máis que cos pensamentos de Madrid e de Castela”
Xaime Quintanilla

«Houbo en Galicia unha época, e algúns viven ainda nela, na que se cultivaba unha vida falsa d’irrealidade e apariencias; críase en cousas imainarias e esquecíanse a substancia e os problemas do noso povo. Os galegos deron en imitar unha existencia banal e leviana, decadente e amaneirada. Ainda nos momentos d’espargemento, nos que parece tiña de predominar a espontaneidade, jurdía o rasgo d’exotidade que deviña âs veces de brutalidade. O canto e a poesía, entre outras cousas engebres, se desleixaban e as prazas de touros se lixugaban con sangue, entrementres, en festas bárbaras contrarias aos instintos raciaes.»
Vicente Viqueira

«Lembradevos ben, con todo, agrarios galegos, que sodes fillos de Galicia, qu’a nosa vida d’o campo, os nosos cultivos, os edios, monte y-augas nosas son d’a terra nosa e teñen un carauter seu que non se pode confundire, nin se deben estudiar sinón como tales asuntos galegos caraiterísticos y-enxebres».
«Os camiños d’o agrarismo galego», 1919
Antón Losada Dieguez

«Ide a correr a Terra nun enlevo de amor que nais vos faga, nais a parir milleiros de pequenos que en vosos peitos zuguen fel e planto, mamen rencores xordos e odios implacabres pra comezar de homes a matanza máis fera que escribiron os séculos. Hoxe estamos vencidos, pro mañán venceremos. Romances en cen falas cantarán a vitoria da raza. Eu partín cun ensoño de mar -a liberdade infinda- e volto… xa me vedes. Alento, irmáns na Patria! A golera perdeuse; a nosa espranza non.»
intervenzón do Xohan Matria
Alvaro das Casas, 1935
